Participa no primeiro Bioblitz que promoven os proxectos LIFE iNSULAR e LIFE 4Pollinators no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Explora o ecosistema natural das Illas Cïes e Ons e identifica o maior número posíbel de interaccións de polinización.
En esta actividade preténdese estudar e documentar a diversidade de polinizadores presentes no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. O obxectivo é rexistrar tantas especies de polinizafores como sexa posíbel nun espazo de 4 horas.
As participantes tomarán fotografías dos polinizadores que atopen e subir as imaxes a web do proxecto LIFE4Pollinators.
Arquipélago de Cíes:
- Día venres 19 Maio 2023
- Saída en barco dende o porto de Vigo as 10:00 e volta as 18:00
Illa de Ons:
- Día sábado 20 Maio 2023
- Saída en barco dende o porto de Bueu as 10:00 e volta as 18:00
Formalizar a solicitude enchendo o formulario de participación (ver cartel da actividade).
Material necesario: Cámara fotográfica, teléfono móbil, roupa cómoda, gorra e protección solar.