As illas no Océano Atlántico (estendidas a través das rexións bioxeográficas Atlántica e Macaronésica) foron identificadas como unha das áreas con maior biodiversidade no continente europeo, grazas á combinación de condicións climáticas, dinámicas edáficas e costeiras, polo que albergan unha diversidade moi alta de tipos de hábitat e especies incluídas nas DC 92/43/CEE e 2009/147/CE, moitas das cales se consideran prioritarias para a conservación. Estes ecosistemas insulares xeralmente presentan problemas ambientais comúns, que actualmente ven agravados polo cambio global (EPA 2017), o que motiva que se atopen extremadamente ameazados e, en consecuencia, os hábitats presentes neles.
O carácter eminentemente costeiro dos espazos nos que actuará LIFE INSULAR, motiva que os grupo de hábitats máis numerosos sexan os tipos de Hábitats costeiros e vexetación halofítica xuntamente cos hábitats do grupo das Dunas marítimas e Continentais. Á súa vez, nalgúns dos espazos LIFE INSULAR, as matogueiras, adquiren unha gran importancia territorial. Finalmente, os espazos albergan diferentes tipos de hábitats incluídos nos grupos de hábitats de herbais, medios rochosos e bosques, cunha representación territorial máis escasa.
O límite interno da zona litoral correspóndese co espazo costeiro, unha marxe que constitúe a interfase entre os medios marítimo e terrestre, na cal os procesos ecolóxicos e os usos de cada un dos mesmos afectan directamente ao outro. Funcionalmente considérase como unha ampla e irregular ecotonía cunha gran intensidade nos procesos de sínteses, degradación e intercambio de materia e enerxía.
Este espazo costeiro está suxeito a unha vigorosa e continua dinámica tanto na súa configuración como na súa delimitación. En relación a esta dinámica costeira establécense dúas unidades, unha costa rochosa, con clara dominancia das formas verticais e en contraposición a esta, atopamos as costas areosas e chairas mareais. Os procesos enerxéticos dominantes nestes medios condicionan os tipos de hábitats e comunidades bióticas presentes nos mesmos.
Desde unha perspectiva ecolóxica entre o ecosistema mariño e o terrestre, establécese unha sucesión de medios e tipos de hábitats que presentan unha gran diversidade e complexidade ambiental.
Dentro do grupo de hábitats “Hábitats costeiros e vexetación halofítica”, o Anexo I de la Directiva 92/43/CEE establece seis subgrupos: 11. Augas mariñas e medios mareais, 12. Cantís marítimos e praias de coídos, 13. Marismas e pasteiros salinos atlánticos e continentais, 14. Marismas e pasteiros salinos mediterráneos e termoatlánticos, 15. Estepas continentais halófilas e gipsófilas e 16. Arquipélagos, costas e superficies emerxidas do Báltico boreal. Os catro primeiros grupos atópanse representados nos arquipélagos nos que actúa LIFE INSULAR, estando representados unen total de 19 tipos de hábitats, de entre os cales un é prioritario (1150* Lagoas costeiras).
A gran extensión do litoral europeo e a súa exposición aos ventos dominantes de compoñente oeste favorecen a formación de complexos dunares de morfoloxía e extensión mui variables. En épocas recentes, intensificáronse os procesos eliminación ou modificación ambiental grave destes medios ata o punto de que gran parte destes desapareceron, ou presentan un alto grao de alteración, principalmente nas áreas de maior atractivo turístico. Este fenómeno é común aos espazos insulares incluídos no proxecto LIFE INSULAR.
Consciente de toda esta problemática, o Anexo I da Directiva 92/43/CEE inclúe un apartado específico dedicado aos complexos dunares litorais e interiores. Dentro dos espazos LIFE INSULAR, atópanse unha ampla representación de hábitats durares litorais, estando incluídos os máis numerosos e representativos territorialmente no grupo 21 Dunas marítimas das costas atlánticas, do mar do Norte e do Báltico, cunha gran homoxeneidade en canto á presenza deste grupo de hábitats, excepto nas localidades irlandesas nas que se atopa presente o hábitat 2170 Dunas con Salix repens spp. argentea (Salicion arenariae), ausente nas restantes áreas do proxecto. Entre o grupo de hábitats dunares presentes nos espazos seleccionados, atopamos dous hábitats prioritarios as 2130* Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises) e o hábitat 2150* Dunas fixas descalcificadas Calluno Ulicetea, sendo o hábitat 1130* un dos hábitats obxectivo do proxecto LIFE INSULAR.
Os ecosistemas dunares do tipo 2130* contactan, seguindo un eixo horizontal, cos hábitats de cantil do tipo 1230 nas illas da Rexión Atlántica e 1250 na Rexión Macaronésica. Á vez que catenalmente en vertical, contactan con diferentes tipos de matogueiras costeiras que á súa vez tamén se atopan en contacto cos hábitats de cantil. Entre os grupos de hábitats de matogueira, destaca a ampla representación do hábitat 4030, outro dos hábitats obxectivo do proxecto.
Entre os grupos de hábitats de cantil e matogueiras, inclúense á súa vez, importantes representacións de hábitats rochosos que inclúen de roquedos silíceos do tipo 8230, covas non explotadas polo turismo (8310) ou covas mariñas (8330).
No conxunto dos espazos LIFE INSULAR, é destacable, por tanto, a variedade, o contacto e a continuidade que se establece entre os distintos grupos de hábitats mariños e costeiros, que no conxunto das ZECs. Estes espazos albergan representacións dunha gran parte dos tipos identificados nas Rexións Bioxeográficas Atlántica europea e Macaronésica, xogando un importante papel desde o punto de vista da conservación da biodiversidade e o patrimonio natural, dado que estes ecosistemas presentan unha elevada fraxilidade e vulnerabilidade ante as ameazas identificadas no proxecto LIFE INSULAR.
Entre os hábitats insulares máis ameazados atópanse os ecosistemas dunares (2130*) e os seus hábitats de contacto (4030), razón pola cal LIFE INSULAR implementarán accións concretas de conservación en oito ZEC Natura 2000 de cinco illas do Océano Atlántico repartidas entre as rexións bioxeográficas Atlántica e Macaronésica, mitigando as catro principais ameazas identificadas para os hábitats 2130* e 4030.
A información máis actualizada e precisa da presenza e superficie ocupada polos tipos 2130* e 4030 nos espazos Natura 2000 de LIFE INSULAR provén dos seus respectivos Formularios Normalizados de Datos (SDF). A información relativa ao seu estado de conservación e principais presións e ameazas, foron consultadas no último informe dispoñible de avaliación ao amparo do artigo 17 da DC 92/43/CEE, correspondente ao período 2013-2018.
Hábitat 2130* Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)
O tipo prioritario 2130* é un hábitat representativo a nivel de presenza e repartición superficial en todos os espazos Natura 2000 de LIFE INSULAR, tanto naqueles incluídos na rexión bioxeográfica atlántica como na macaronésica, xa que está presente en todos os seus respectivos SDF e ocupa superficies significativas nos mesmos. Todas as ZEC de LIFE INSULAR recibirán accións concretas de conservación sobre o 2130*, que ocupa un total de 1.163,1 ha dentro das ZEC do proxecto, o que representa o 3,5% do seu ámbito territorial total, algo máis de 35.400 ha, aínda que dentro dos ámbitos insulares (Cíes, Ons, Sálvora, A Graciosa, Eire) elixidos nas ZEC de LIFE INSULAR, o hábitat 2130ocupa 703,5 ha, o cal representa o 6,8% dos territorios insulares nas ZEC .
O estado de conservación do tipo de hábitat prioritario 2130* para a rexión bioxeográfica atlántica é desfavorable-malo de acordo á súa área de ocupación, estrutura, funcionalidade e perspectivas futuras do mesmo. Esta tendencia negativa tamén foi detectada en España e Irlanda (estados membros involucrados en LIFE INSULAR), así como de forma xeral no resto de Estados membros da rexión atlántica, e de forma específica nos arquipélagos obxecto do proxecto, véndose agravada polo carácter insular dos territorios en cuestión, tendo en conta da influencia que os efectos do cambio climático global posúe sobre os mesmos, de forma que o proxecto poña en marcha unha estratexia transnacional de xestión sostible para mitigar e corrixir os efectos negativos, e evitar a expansión dalgunhas das ameazas detectadas a outras ZEC. Entre as principais ameazas identificadas na rexión bioxeográfica atlántica española e irlandesa, LIFE INSULAR actuará sobre as repoboacións forestais, a presenza de EEI, os efectos causados por presións antropoxénicas, e os efectos do cambio climático global que potencia aos anteriores.
O estado de conservación do tipo de hábitat prioritario 2130* considérase desfavorable-inadecuado na rexión bioxeográfica macaronésica, aínda que na avaliación do estado Español (referente ao arquipélago de Canarias) os datos nacionais consideran que o estado de conservación do 2130* é favorable, xa que se estima que se manteñen todos os parámetros que o definen. A pesar desta valoración positiva, diversos traballos puxeron de manifesto unha serie de presións e ameazas (EEI, presións antropoxénicas) que causan unha afección significativa de forma específica sobre o tipo 2130* na Graciosa, e que por tanto xustifican a necesidade de actuar para mellorar o seu estado de conservación, e por tanto da implementación das medidas de LIFE INSULAR.
O impacto do proxecto será moi relevante, debido a que actúa de forma urxente nos territorios insulares onde resulta necesario para contribuír a mitigar ou frear os efectos das presións detectadas sobre o hábitat prioritario 2130*, e por outra banda servindo como método de actuación temperá ante unha serie de impactos negativos que non é posible rexistrar nos formularios normalizados.
Por todo o anterior, o hábitat prioritario 2130* constitúe o principal tipo de hábitat obxectivo de LIFE INSULAR, posto que este proxecto expón accións concretas de conservación sobre o tipo 2130* para a mellora do seu estado de conservación nun total de 152,6 ha (descontando áreas de solape) en illas do Océano Atlántico que se sitúan en oito ZEC Natura, distribuídas nas rexións bioxeográficas Atlántica e Macaronésica. Deste xeito, o proxecto expón:
- Aumento de 32 ha da superficie ocupada polo tipo 2130*, o que supón un incremento do 5,2% nos territorios insulares das ZEC onde se executan estas accións.
- Mellora das perspectivas futuras de 133,6 ha do hábitat 2130* en todos os territorios insulares do proxecto, mediante as accións que executan medidas contra as presións antropoxénicas, o que supón unha mellora do 19,0 % do hábitat 2130* no conxunto de illas do proxecto.
Hábitat 4030 Queirogais secos europeos
O tipo 4030 é un hábitat de interese comunitario que constitúe o contacto co 2130* nos espazos Natura 2000 insulares atlánticos de Galicia (España). Dentro de LIFE INSULAR, este hábitat será obxecto de accións de conservación en dúas ZEC onde ocupa unha superficie de 499,8 ha, é dicir, o 4,9%, aínda que dentro dos ámbitos insulares de ambas as ZEC (Cíes, Sálvora) a superficie ocupada polo 4030 é de 275,2 ha, o que representa o 42,3% dos mesmos.
O estado de conservación actual do tipo de hábitat 4030 para a rexión bioxeográfica atlántica é desfavorable-malo de acordo a estrutura, funcións e perspectivas futuras, tendencia negativa tamén detectada na rexión atlántica española, e xeneralizada ao resto de Estados membros atlánticos. Entre as súas principais ameazas atópanse as repoboacións forestais, a presenza de EEI e os efectos causados por presións antropoxénicas, todas elas con grao medio. A tendencia negativa causada por estas presións e ameazas foron identificadas nos arquipélagos obxecto do proxecto, véndose agravadas polo carácter insular dos territorios en cuestión, tendo en conta da influencia que os efectos do cambio climático global posúe sobre os mesmos, de forma que o proxecto poña en marcha unha estratexia integral de xestión sostible para mitigar e corrixir os efectos negativos, e evitar a expansión dalgunhas das mesmas a outras ZEC.
O impacto do proxecto será moi relevante, debido a que actúa de forma urxente nos territorios insulares onde resulta necesario para contribuír a mitigar ou frear os efectos das presións detectadas sobre o tipo 4030, e por outra banda servindo como método de actuación temperá #ante unha serie de impactos negativos que non é posible rexistrar nos formularios normalizados.
Debido ao anterior, LIFE INSULAR expón accións concretas de conservación sobre o hábitat 4030 para mitigar os principais efectos das ameazas e presións detectadas, para a mellora do seu estado de conservación nun total de 117,0 ha nos arquipélagos de Cíes e Sálvora. Deste xeito, o proxecto expón:
- Aumento de 22 ha (11,6%) da superficie ocupada polo tipo 4030 nas illas Cíes.
- Mellora da estrutura e funcionalidade de 95 ha do hábitat 4030, o que supón unha mellora do 34,5%.